Presentación

Loading...

20 de mayo de 2012

XOGADE 2012

O pasado domingo, 13 de maio, celebrouse na cidade da Coruña o Campionato Xogade (grupos Show en idade escolar), onde participaban dous grupos das escolas deportivas do CD.Fontiñas. O grupo C, que competiu na categoría de Grupos Grandes - Primaria-, puxo en escea a coreografía "Metamorfose", onde as nosas patinadoras contan a historia da transformación que sofren os gusanos de seda en preciosas bolboretas.  O grupo C impúxose ós equipos do C.P Bricandeira coa súa posta en escea "Flores", e as Escolas deportivas de Ribeira coa coreografía "Inspiración".
Pola contra, o Grupo D das escolas deportivas do CD.Fontiñas, foi o único participante na súa categoría (Grupos Grandes - Secundaria-). A proposta de este ano titúlase "En cautividade", e representa a agonía e a tristeza por perder a liberdade, física ou mental.

Como sempre agradecemos o traballo e o esforzo dos patinadores que nos acompañaron neste día, e tamén agradecer o apoio dos pais/nais por animarnos e apoiarnos nas nosas saídas. 

NORABOA A TODOS!! 













18 de mayo de 2012

Imaxes

FOTOGRAFÍAS DE DAVID JOVE
RUTA HOSPITAL - DONCOS (LUGO)


Coma sempre, moitas grazas ó noso compañeiro por compartir con todos nós ás dispositivas!

26 de abril de 2012

CLASIFICACIÓN NIVEIS

Dende o Club dámoslle a nosa noraboa a tódolos patinadores que asistiron este fin de semana a II segunda fase de Niveis na Pobra do Caramiñal. Os patinadores que asistiron a este campionato foron: 

Nivel I: Antía Couselo Gómez/ Marta Costal Álvarez/ Paula Balo Louzao
Nivel II: Andrea Cámaras Fernández/Lucía Rodríguez Rodríguez/ Lucía Vilariño Cerqueiro/Clara Carril Bodelón/ Erea Sanjurjo Carballeira
Nivel III: Manuela Campos Neira/ Sara Pereiro Botana/ Ángela Iglesias Fernández/ Candela Martínez Fernández/ Laura Li Vidal Pérez/ Noela Sanjurjo Carballeira
Nivel IV: Borja Varela Riveiro/ Carolina Segade Otero

Noraboa a todos, en especial a Lucía Rodríguez Rodríguez, Lucía Vilariño Cerqueiro, Sara Pereiro Botana e Andrea Cámaras Fernández que pasaron ó seguinte nivel!! dende este blog vos animamos a seguir traballando como ata agora e a seguir disfrutando da patinaxe!!!

Noraboa tamén a nosa adestradora de individual, Nuría Rives Busto! grazas polo traballo realizado!!


 Algunhas das nosas patinadoras! (de esqueda a dereita) 
Erea Sanjurjo, Manuela Campos, Sara Pereiro, Andrea Cámaras, 
Eva Cendal (patinadora do Club Campus Stellae), 
Lucía Rodríguez e Lucía Vilariño